Instagram Facebook
Queres facer o teu tratamento na casa?
Nacín rodeada de libros de medicina, e teño que recoñecer que me interesaban ata tal punto, que ás veces adicáballes máis horas a eses grandes tomos, que a outros libros que se corresponderían máis coa miña idade.
Durante anos, o baloncesto foi o deporte que máis practiquei, e poder vivir tan de preto lesións e recuperacións foi o que me achegou definitivamente á fisioterapia: ver como os seus tratamentos tiñan tal impacto directo na recuperación non só da zona afectada, senón do funcionamento do corpo no seu conxunto, atrapoume.
Unha vez rematada a carreira de Fisioterapia na Coruña, ampliei os meus estudos como terapeuta ocupacional para poder ter unha visión moito máis holística e especializada non só de como tratar unha patoloxía, senón de como integrar unha disfunción no día a día do paciente.
Tras anos de experiencia en distintas clínicas, sen deixar de lado a formación, decido apostar por tratar aos meus pacientes dun xeito moito máis profundo e personalizado. A fisioterapia a domicilio permíteme abordar cada caso de xeito exclusivo, có tempo, a dedicación e a flexibilidade que cada paciente precisa.
Sexa de curta ou longa duración, a satisfación persoal e profesional de ver como un tratamento mellora a vida das persoas fai que cada día goce máis da fisioterapia como modo de vida.
Alba NúñezFisioterapeutaNº colegiado 1545
Creo firmemente no impacto directo que sobre a saúde ten o feito de tratar as patoloxías nun entorno de tranquilidade.
Nos beneficios para unha recuperación física cando realizas o teu tratamento con comodidade, sen desprazamentos, ao ritmo que marca o corpo, co reposo e as pautas que cada caso requira.
No enriquecedor de analizar de preto cada caso en particular e poder desenrolar unha auténtica diagnose, tratamento e seguimento altamente personalizados.
Só hai un lugar onde todas estas circunstancias podan darse: o propio fogar do paciente.
E só unha fórmula para abordar profesionalmente o meu proxecto baixo esta visión: un
, onde resido.
— Así nace SAQQARA.
Os nosos antepasados xa coñecían o poder da fisioterapia á hora de tratar as doenzas do corpo. Foi nesta cidade exipcia onde se atoparon os primeiros xeroglíficos que ilustran a labor médica e terapéutica dun ser humano sobre outro coas mans, e a ergonomía postural como únicas ferramentas.
Unha historia compartida e un legado único no que baseamos a nosa metodoloxía e visión da fisioterapia máis esencial.
Xa sexa por unha movilidade reducida ou prolongada, ou simplemente pola comodidade de poder recibir o tratamento no teu propio lar sen ter que desprazarte, imos á túa casa para coñecer en profundidade o teu caso, realizar unha diagnose personalizada e executar a terapia máis axeitada segundo as necesidades do teu corpo e estado de saúde.
Trataremos patoloxías do sistema músculo-esquelético, traballando os signos e síntomas dende unha visión holística e global da disfunción.
— Lesións musculares, ligamentosas, tendinosas, articulares e meniscais— Esguinces— Rotura de fibras ou ligamentos— Luxacións— Bursites— Fascites— Condromalacias— Calcificacións
Tratamento de doenzas que afectan ao sistema nervioso central e periférico.
— ACV: (Accidente Cerebro Vascular)— TCE (Traumatismo Cráneo Encefálico)— Enfermidade de Alzheimer (EA) e outras demencias— Enfermidade de Parkinson (EP)— Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) e Esclerose Múltiple (EM)— Neuropatías— Ataxias— Lesións vestibulares— Lesións medulares
Preparación e/ou recuperación da zona intervida cirúrxicamente de modo directo, así coma o coidado do resto do corpo para recuperar o seu funcionamento e equilibrio natural de xeito integrado.
— Fracturas— Hernias— Amputacións
Alivio da dor e/ou sintomatoloxía que producen algunhas enfermidades e disfuncións reumáticas crónicas.
— Artrose— Artrite— Osteoporose— Espondilite
Se queres comezar a recibir o teu tratamento de fisioterapia na casa, chámame por teléfono ou, se o prefires, escríbeme un email.
Organizaremos unha cita para unha primeira valoración e axustaremos o teu tratamento aos momentos que mellor encaixen coa túa recuperación e a túa vida diaria.
SAQQARA
Aviso legal — Política de privacidad — Política de cookies